FGDFD
DFFDGFG
DFFDGFG
adsasdasda
dasdsada
ñasmdsakmdasmdasdm
sasddasdsadas
asddaasd
dasdasdad
dassddsasdadas
Esta é o slogan da última campaña de Axe, a cal, como todas, degrada á muller ata sobrepasar calquera tipo de linde. Un dos últimos anuncios, está ambientado nun lugar que para todos non é familiar: a universidade. Nunha clase, a unha rapaz quédaselle sen tinta o bolígrafo, e un compañeiro que está atento á escea, míraa con cara de desexo e ofrécelle o seu. A rapaza torce a súa cara e ademais reacciona como se dun ser repulsivo se tratase. Isto pasa o martes.
Troco total de panorama. nunha cafetería de clase, un lugar snob e fino, o xove está a tomar un batido de chocolate, alleo a que a súa compañeira (a rapaza do bolígrafo), está ao seu lado. Ela sácalle a copa do batido no momento no que el está absorvendo o líquido pola palliña, e tómalle o relevo, cunha cara de paixón e desexo que deixa ao xove estupefacto. Isto pasa o sábado. É importante destacar a diferenza e o contraste cromático entre unha escea e outra: a universitaria, máis triste e frixa, con cores que convidan á seriedade e á escuridade. Mentres, o sábado, un ambiente mais cálido e con mais colorido, que incita á provocación, a desinhibición e o desenfado.
PARA DESCARGAR O VÍDEO DO ANUNCIO, CLIQUE EIQUI!
MORALEJA DE AXE: USA AXE OS SETE DIAS DA SEMANA.
Desta marca pouco mais hai que dicer. Todo é sabido. Por desgraza, o sexismo e a degradación á muller que a compañía propaga nas suas campañas ten un éxito inimaginabel e son moitos os homes que usan este desodorante, e, dáme a sensazón, que a estratéxia de promoción de Axe é acertada, xa que moitos rapaces pensan, que co desodorante lograrán atraer mais ás mulleres.
Considero que o toque humorístico non o perden, pero que abonda xa de tanta parvada. Para ver este anuncio, a través dunha descarga en PUBLI TV, CLICA AQUI!!!
Por que cando falamos de home e de muller como se de especies distintas se tratase? Ao parecer, resulta que home e muller temos a mesma estrutura ósea, os mesmos órganos e as mesmas funcións nos múltiples e diferentes aparellos e sistemas do noso organismo. Creo que cando falamos doutros animais, en teoria nós somos racionais e eles non, non facemos unha diferenciación entre lobo e loba, senón que simplesmente decimos: "vin un lobo", e a diferenciación de xénero resulta banal. Tal e como está planteada a sociedade, sería unha utopía pensar en que todos seríamos tratados igual, é dicir, as mulleres sempre serán mulleres, e os homes sempre homes, pero ainda asi, somos da mesma especie, ainda que semelle mentira, somos seres humanos.
Deteñamos un momento en pensar, ,cando un animal olla a un home ou muller, que pensa? Que somos especies distintas? Pode resultar un pouco estraño, pero en campos médicos e científicos como a bioloxia non existe tal diferenciación de xénero, pero, por exemplo, en outras como a anatomia, colleria destacar as diferenzas externas que diferencian ao home dunha muller... ou é que... , un tigre ten unha estrutura ósea e unhas características diferentes ao dunha tigresa? Son iguais, trocan alguns aspectos físicos exteriores e por suposto, o aparello reprodutor e os órganos sexuais...
Con isto, quero dicir... somos iguais, a diferenciación é algo inevitábel na actualidade, ainda que eu escriba este artigo, tamén penso igual. Non somos iguais en canto a pensamentos, formas de actuar, actitudes e canons, pero si, biolóxicamente.
Tras adquirir un dominio na páxina de dominios de VG, o xeito de acceder pode ser variado: ou acceder a través de blogia, ou senón directamente dende a seguinte dirección: www.andresinho.es.vg, como máis cómodo vos resulte. Deste xeito, desmémbrome por primeira vez do servidor a través do cal estaba operando. Máis tarde fareino tamén con outros nos que teño páxinas abertas coma esflog ou galeon. Gracias pola atención, a ver se co novo dominio, e iso de que hai que teclar menos, aparecen un maior número de visitas...
Gustaríame comunicarvos que o meu web blog continuará a pesar de que sexa un traballo para a asignatura de deseño, ademais de porque é ameno e divertido, porque me entreteño moito posteando para todos vós e ademais non hai dia que pase sen un sorriso por estar orgulloso da miña páxina. Espero que a actividade que hai nel sexa maior, e que me fagades máis feliz con mais comentários se cabe...
Para vós, Andresiño non cesa...
Este artigo é moi similar ao do web blog de Duffman, pero sei que a el non lle vai importar... ¡ Un saúdo para ti, David!
xzczxcxzczxczxc
Gustaríame despedir este mes de Maio, non se antes agradecer a todas aquelas persoas que fixeron que o web blog saise adiante:
Primeiro, agradecer a David Vázquez (Duffman), por todos os seus comentários, sobre todo no web blog de galego, polo seu apoio, e polas súas ideas, que provocaron a creación de multitude de artigos.
A Marcos Avelino, polas innumerabeis veces que me emprestou o seu ordenador para traballar na zona Wifi e poder postear con tranquilidade para todos vós.
A Dj Marin, por me axudar a pór a contador na miña páxina web.
A Benxa, por ser como é.
A Diana, por me dar a idea de crear un artigo sobre o videojuego Dead or Alive II.
A David Capelo , por comentar varios artigos e aportar varias ideas para completar o website.
A todos os bloggers enlazados na parte dereita, porque sen eles non tería enlaces interesantes que pór.
A todos aqueles/as que visitaron a páxina, a pesar de non ter deixado ningún dos seus valiosos comentarios.
A todos os que me animaron e me dixeron que a miña páxina estaba moi ben, ainda que estivesen a mentir.
Por último, ao profesor Daniel Martí, porque sen el non crearía o web blog, e non o pasaría como mo pasei (isto non é nada de peloteo nin leites, é simplesmente sinceridade).
A todas, a todos... MIL GRAZAS
Si, seino. Son un pesado con este tema. Pero é que dá moito de que falar. Sígome posicionando en contra deste tipo de música. Pero é que tamén sei que son da minoría, non sei cal é o motivo de que teña tanto éxito, pero hei de confesar que ao ser, o que poñen en todas as discotecas, non tes máis remedio que falar diso, bailalo , e, en ocasións, co efecto do alcol e as drogas, cantalo . Pero que lle imos facer, non cambiará... A xente me di: Andresiño, pero... , por que non che gusta o reggaeton, se lle gusta a todo o mundo? Pero, é que , nen para a música hai estilo propio e un gusto? Este artigo ven ao caso da canción de Daddy Yankee (vaia nome para un cantante) , A gasolina. Grazas a aqueles que me oferecestes páxinas webs nas que se poderia ver as letras das cancións, ás cales teñen a desfachatez de chamar líricas. De todas maneiras, o meu masoquismo é tal, que escoito as cancións para oferecer todo luxo de detalles. Dicir que neste caso, foi imposíbel decifrar o que o "cantante" dicia. Aí vos vai:
Oh!, Oh!, Oh!
Oh!, Oh!
Who's This...
Da-DDy... Yan-kee...
Zumbale mambo pa Que mi gata prendan los motores
Zumbale mambo pa Que mi gata prendan los motores
Zumbale mambo pa Que mi gata prendan los motores
Que se preparen que lo Que viene pa Que le den...
(Duro!...)
Mamita yo sé que tú no te me va a quitar...
(Duro!)
Lo que me gusta es que tu te dejar llevar...
(Duro!)
To los weekend's ella sale a vacilar...
(Duro!)
Mi gata no para de janguiar porque...
Ella le gusta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Como le encanta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Ella le gusta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Como le encanta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Ella prende las turbinas...
No discrimina...
No se pierde ni un party de marquesina...
Se asiquala hazta pa la esquina...
Luce tan bien que hazta la sombra le combina
Asesina, me domina...
Janguea en carro motora y limosina
Llena su tanke de adrenalina...
Cuando escucha reggaeton en la cosina...
Ella le gusta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Como le encanta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Ella le gusta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Como le encanta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Yo!
Aqui yo soy de los mejores
No te me ajores...
En la pista nos llaman Los matadores...
Tu haces que Qualquiera se enamore...
Cuando bailas al ritmo de los tambores...
Esto va pa las gatas de to's colores...
Pa las mayores...
pa las menores...
Para que son las zorras de los cazadores...
Pa las mujeres que no apagan a sus motores...
Tenemos tu y yo algo pendiente...
Tu me debes algo y lo sabes....
Comigo ella se pierde.... Eh...
No le rindes cuentas a nadie.... Eh...
Tenemos tu y yo algo pendiente...
Tu me debes algo y lo sabes...
Conmigo ella se pierde... Eh...
No le rindes cuentas a nadie... Eh...
Zumbale mambo pa Que mi gata prendan los motores
Zumbale mambo pa Que mi gata prendan los motores
Zumbale mambo pa Que mi gata prendan los motores
Que se preparen que lo Que viene pa Que le den...
(Duro!...)
Mamita yo se que tu no te me va a quitar...
(Duro!)
Lo que me gusta es que tu te dejar llevar...
(Duro!)
To los weekend's ella sale a vacilar...
(Duro!)
Mi gata no para de janguiar porque a ella...
Ella gusta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Como le encanta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Ella le gusta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Como le encanta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Oh!, Oh!, Oh!, Oh!
Oh!, Oh!, Oh!, Oh!
Se alguén quere a canción, que ma pida, pásolla vía messenger, ou senón, por e-mail!
Este é unha das mellores curtametraxes da iniciativa de hai motivo. coa banda sonora de Víctor Manuel, coa canción do mesmo título de fondo, vemos como transcorren os feitos. Un longo corredor no que predomina a cor branca. Un chan azul. Vemos como mulleres van andando por el e péchanse nos seus cuartos. De súpeto, esas cinco mulleres que paseaban por aí se unen para baixar as escadas, mentres Victor Manuel continua cantando: ás desamparadas, humilladas...
Nun cuarto todo de branco, vemos unha cama tamén branca, e o corpo inmóbil dunha muller, vendada de pés a cabeza. As cinco mulleres comezan a sacárlle toda a súa vendaxe, e as imaxes son cada vez máis duras. Vemos moratóns, cardenais, cortes, hinchazóns... Anos e anos de maltrato e opresión reflexados e plasmados nun corpo...
Xa o sabedes ¡Hai motivo!
O web blog en galego: Andresiño. http://www.andresito_gal.blogia.com
O día 22 de Marzo de 2005 naceu unha nova páxina en galego. A páxina trátase dun traballo da asignatura de 1º Publicidade e Relacións Públicas de Deseño. En realidade, a páxina en galego é unha subordinada ó castelán. Os motivos de crear unha páxina en galego, están explicados no artigo que se lle presenta ó público Novo web blog en galego. Andresiño.
O balance do web blog en galego pódese considerar máis que desfavorable:
A partir dun contador de visitas, colocado o día 7 de abril de 2005, cun número inicial de 3100 visitas ( o contador fóra colocado anteriormente, pero por motivos de dificultades co servidor, tívose que cambiar por outro contador. Aínda así, o número real de visitas pode verse clicando no mesmo contador no apartado de enlaces de blogia.), instalado a través da páxina Ademails, ten o día 28 de Maio ás 18.37h, ofrece, os seguintes datos:
- 1148 visitas - O día con maís actividade foi o 25 de Maio de 2005, con 128 visitas.
- A franxa horaria na que máis persoas visitan a páxina é entre as 19.00h- 20.00h, cun 18,80% das visitas.
- O día que máis internautas visitan a páxina é o mércores, con 36 visitas semanais.
- O mes de Abril tivo 331 visitas
- O mes de Maio tivo 818 visitas (ata o día 28 de Maio, polo tanto, a páxina web experimentou un ascenso na súa recepción de visitantes dun mes para outro, ademáis de maior actividade do blogger)
NOTA: Cómpre engadir que as visitas realizadas polo administrador son tamén rexistradas no contador, polo tanto, a maioría das visitas reflexadas neste sistema de cálculo sexan, con moitas probabilidades do blogger. Ademais, en moitas ocasións, durante a administración do blogger, os cambios que realice, son considerados tamén visitas. Non estamos por tanto, ante un número real de visitas.
20 comentarios en 52 artigos ( en principio, pensouse en copiar tódolos comentarios que se fagan en ambos web blogs para que aparezan en ámbolos dous idiomas, pero para facer esta análise, vexo conveniente que se diferencie entre os comentarios feitos nunha páxina e noutra)
58 enlaces disponibles na páxina principal (por problemas do servidor ou da rede, non se poden dividir por temas, polo cal están todos colocados en portada, e resulta menos agradable para os visitantes, sobre todo, por estética e orde. Máis tarde, o día 19 de maio, descubriuse que existía a posibilidade de dividir os enlaces por temas, era problema, da configuración do servidor.)
En Andresiño faltan fotografías nalgúns dos artigos que no de castelán hai disponibilidade (nalgunhas ocasións por tratarse de fotografías comprometidas, noutras, por causas descoñecidas).
GRACIAS A TODOS PORQUE ISTO FORA POSIBLE
nasldnalsdnasdnasmdna
Hoxe pódese dicir que teño un dia crítico. ¿ Por que visten desa maneira as mulleres xoves? É unha simple moda ou tamén un reflexo de como pensa a sociedade? Os pantalóns axustados, os tops, as minifaldas, os escotes... Todas as rapazas, ou case todas vesten con este tipo de prendas. Este tipo de indumentaria nocturna provoca que muden totalmente os canons do sexo e a sociedade. Diredes... , pero é que a ti non che gusta como vesten as chicas? Por suposto que me gusta, xa que me chama moito máis a atenzón unha moza que viste con roupa axustada que outra que non o faga. , Quere dicer iso que resulta máis atractiva a primeira? Simplesmente chama máis a atenzón, pero non quere dicir que aquelas que non vistades con este tipo de roupa, non sexades guapas.
A liberdade é un priviléxio, que debemos utilizar... pero as marcas de roupa provocan que todos/as vistamos igual. Fan crer ás mulleres que se non visten con roupa axustada, non lle van gustar aos rapaces. Eu non sei, se cadra simplesmente ás chicas vos guste mostrar os vosos preciosos corpos, pero pode ser unha forma tamén de provocar ao sexo oposto... Pero, ¿ é que vos gosta facernos sufrir? Porque moitas de vós me teñen asegurado que vesten asi porque lles gusta, e que a súa última intención é ligar e chamar a atenzón dos rapaces... Se falo da liberdade, digo que se queredes vestir con roupas axustadas, me parece moi ben, pero hoxe en dia, pasarías case inadvertidas, porque a maioria das rapaces visten igual, e ves na discoteca 300 clons que levan a mesma roupa, e ás veces saudei a unha amiga e resultaba que era unha descoñecida...
A liberdade é facer o que ti queiras, e non o que as empresas de moda che manden.
Este é un artigo de opinión. Ao que non lle guste ten toda a liberdade do mundo de escribir criticándoo , e o que estea a favor que o apoie. Parece ser que agora as cantantes non poden ser gordas, nen desentonar físicamente. Primeiro está o corpo, e despois a voz... Pero , a quen lle importa a voz? Se total, agora cuns retoques realizados por ordenador todos podemos ser tenores de ópera. Ademais, no apartado musical, non hai diferenciación de xénero, xa que tamén o corpo é o que mais importa... , O é que apañarian a Bustamante en O.T. se pesase 100 kilos e non tivese esa cariña de neno de anuncio? polo menos que se esmerasen un pouquiño nas letras , non? Colgado, vivo colgado, colgado e namorado... Asi calquera fai unha canción, sen o máis mínimo esforzo.
Agora a música é imaxe, non son; é un producto, non un ben... Britney Spears: a alguén gustaríalle a súa música se non tivese ese corpazo? Pero non só ela, poderíamos enumerar un número interminábel de "artistas": Christina Aguieira, Malú, Jennifer López, Paulina Rubio, Shakira... e seguramente deixo-me 2000 cantantes mais polo camiño... ,E os homes? Por suposto que hai cantantes-corpo, como son David Civera, Bustamante, Bisbal, Álex (é dicir, todos os triunfiños), Carlos Baute, Chayanne... Tamén se poderian dicir 2000 cantantes máis. E tamén grupos de rapaces e de rapazas... Menos mal, polo menos xa non hai Spice Girls, nen Backstreet Boys, pero están N-Sync para suplilos ..
Neste mundo da imaxe, a música está cada vez perecendo máis, e deixándose gobernar. Non teño nada en contra deste elenco de cantantes: si, esas rapazas teñen cuerpazos, e os rapaces son adorados por grande parte do sector feminino, pero... , por que teñen que cantar? Non poderian ser modelos? Ademais, as chicas nas suas letras dan clara sensazón de posesión, é dicir, decláranse obxecto do home: Faime túa, deiche o meu amor, o teu corpo é meu...
Non sei que máis dicir... Todo vai seguir igual, se teñen público e seguidores... Só fixarvos na foto... Aqui está a increibel Paulina Rubio... , Parece unha cantante? Está claramente apresentando o seu novo disco ,non?